lunes, 24 de mayo de 2010

Pauto de cesión de alma

Naquel momento da miña vida solamente tiña dous xeitos de velas cousas: se facía algo tiña que ser perfecto e senón tiña que deixalo pasar con dignidade. Bastante estúpido, sen embargo daquela estaba moi convencido, así que pensei e pensei nesa ansia, a súa orixe, o seu por que, pero nada, tanto pensei que de súpeto apareceron diante de min unha enorme cantidade de folios e un pequeno ratonciño branco.

Cando lle botei unha ollada ó primeiro folio, a miña sorpresa foi aínda maior que a que tivera un intre antes ó ver aparecer todo aquilo da nada: “Pauto de cesión de alma”.

Que?! Era totalmente inaudito. Permanecín un par de minutos nunha especie de estado de shock e sen máis como guiado por fíos comecei a ler toda aquela trapallada.

Ó principio pensaba que era ridículo, que aquilo era unha broma, pero segundo ía pasando o tempo todo sonaba na miña cabeza moito mellor que no papel. O máis curioso era que alí seguía aquel rato a mirar para min.

Cando rematei non sei porque non o pensei, collín unha pluma e firmei sen máis. Tratábase dun intercambio no que gañaba moito e non perdía apenas nada. Apenas a miña alma a cambio de ser o mellor guitarrista de tódolos tempos. Quen se podía resistir? O caso é que eu non fun quen, e así estou agora, vello, sen ninguén o meu carón e sen chisco de fama nen cartos.

Como non podía ser doutro xeito o diaño liárame con tanto folio e o que non comprendera do pauto era que tiña que practicar para chegar a ser o mellor.


Tal día como hoxe no ano 2005

1 comentario:

maybe dijo...

I'm appreciate your writing style.Please keep on working hard.^^