sábado, 29 de diciembre de 2012

O Apalpador

Este ano 2012 remata xa e coma sempre chego tarde... moi tarde cunha nova actualización do blogue. É posible que o facebook esté matando este lugar na rede igual que o video matou ás estrellas da radio, sen embargo quero deixar unha última impronta antes de entrar no ano 2013.

O Apalpador, a canción e o baile, é un proxecto feito con Cris que o que busca é achegar a figura de O Apalpador @s máis pequen@s da casa. Trátase dun personaxe pertencente ó imaxinario popular galego das montañas de O Caurel, en Lugo e Ourense, pero que dende os últimos anos cobrou vida de novo achegándose ó resto das provincias galegas.


Hai dúas variacións respecto á data na que chega, unha fala do 25 de decembro e outra do 31 de decembro. No que si que hai unidade é no feito do propio Apalpador, que se trata dun carboeiro que leva castañas e algún agasallo de madeira e que ó chegar a noite palpa as barrigas d@s máis pequen@s das casas; se están ben mantidas O Apalpador desexa que se manteñan así durante todo o ano e deixa tamén unhas poucas castañas e algún agasallo de madeira.

Ademáis do video coa canción e o baile, fixemos unha web na que se poden atopar distintos recursos para a escola e traballar esta figura do nadal galego. As direccións son www.oapalpador.tk ou http://oapalpador.web44.net

Tamén podedes escoitar e descargar de balde a canción dende Soundcloud




Agardamos que vos guste e feliz aninovo!