O Apalpador, a canción e o baile, é un proxecto feito con Cris que o que busca é achegar a figura de O Apalpador @s máis pequen@s da casa. Trátase dun personaxe pertencente ó imaxinario popular galego das montañas de O Caurel, en Lugo e Ourense, pero que dende os últimos anos cobrou vida de novo achegándose ó resto das provincias galegas.
Hai dúas variacións respecto á data na que chega, unha fala do 25 de decembro e outra do 31 de decembro. No que si que hai unidade é no feito do propio Apalpador, que se trata dun carboeiro que leva castañas e algún agasallo de madeira e que ó chegar a noite palpa as barrigas d@s máis pequen@s das casas; se están ben mantidas O Apalpador desexa que se manteñan así durante todo o ano e deixa tamén unhas poucas castañas e algún agasallo de madeira.
Ademáis do video coa canción e o baile, fixemos unha web na que se poden atopar distintos recursos para a escola e traballar esta figura do nadal galego. As direccións son www.oapalpador.tk ou http://oapalpador.web44.net
Tamén podedes escoitar e descargar de balde a canción dende Soundcloud
Agardamos que vos guste e feliz aninovo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario