miércoles, 12 de noviembre de 2008

O bluseiro das oito

Nesta ocasión decídome por poñer unha das últimas cancións que compuxen, sen audio, só a letra, porque sempre que me fan algunha entrevista na Radio Galega ou nalgún medio de Galicia, teño que respostar á típica pregunta de por que non compoño en galego e si en inglés. É unha pregunta incómoda porque non hai unha verdade concreta para isto, componse porque sí, porque é máis normal estar escoitando blues en inglés, xa que é o seu idioma materno, e porque levo escoitado moito e porque tal vez transmita máis universalidade, xa que o blues fala de sentimentos universais, tamén pode que se relacione a musicalidade do inglés co estilo bluseiro...
Todas esas son verdades que dou nalgunha das miñas respostas, pero non hai nunca unha verdade definitiva de por que se compón un tema nun idioma ou noutro, ó fin e o cabo o que se busca é a comunicación e se esta existe, xa se consigue levar a cabo de novo un deses poderes fantásticos que nos pertencen a nós, ós seres humanos. E case máxico, verdade?

Foto: M. Lorenzo

O BLUSEIRO DAS OITO

Son bluseiro, o bluseiro das oito.
Son bluseiro cando atardece, cando anoitece.
Son bluseiro, o bluseiro das oito.
Son oficinista, son amante extraviado,
son un tolo e as veces ata cociñeiro,
pero as oito... eu son bluseiro.
No podería ser outra cousa,
como sonaría unha canción composta pola mañá?
Nunca o saberei porque eu son bluseiro, o bluseiro das oito.
Pola mañá non vivo, non sinto,
produzo cartos e fago xirar a roda,
que outra cousa podería facer?
Ningunha, solo morrer.
E medio morto deambulo cando aínda non son as oito.
Porque eu son bluseiro, o bluseiro das oito.
Son bluseiro cando atardece, o son cando anoitece,
pero nunca cando a mañá languidece.
Eu sei que son bluseiro, o bluseiro das oito.
Cando o teu tren marche da cidade e os cans ouveen,
voltarei á miña vontade a cantar e a sentir blues en liberdade.
Porque eu son bluseiro, o bluseiro das oito.

3 comentarios:

Fer Trombón dijo...

Auuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu

Javi Meskalina dijo...

Mola la letra. Y el estudio tiene una pinta estupenda!!

Aurora Cascudo Román dijo...

vaya, que ganas de escucharla a todo ritmo! buena letraa
"Son oficinista, son amante extraviado,
son un tolo e as veces ata cociñeiro,
pero as oito... eu son bluseiro."
ah y otra cosa, acabo de seguir la pista de mi rama de las 10 y por ahora ha llegado a Suiza..y de ahi...
;)
http://www.robertopena.ch/

un bico!