lunes, 17 de noviembre de 2008

Pegoulle un tiro

Nestes tempos que corren parace ser que o tema de ler está moi fastidiado. Din por aí adiante que ninguén le xa e que mais cedo que tarde os libros extinguiranse, ou ben crearase un corpo de elite destinado ó seu exterminio. Non sei se eso será certo, pero bueno, polo de pronto hoxe deume por imaxinar mentres facía a comida e escribín unha pequena historia que quero compartir con vós. Saiume cun estilo moi particular e que emprega habitualmente un escritor galego a quen teño en alta estima, a ver se sabedes quen é.



Pegoulle un tiro. Alí no medio, sen previo aviso.
Pegoulle un tiro joder!
Quedamos todos aterrorizados, paralizados, sen saber que facer.
Pegoulle un tiro cona!
Sen mediar palabra. O tipo sacou unha pistola do abrigo e pegoulle un tiro.
E alí estaba tan tranquilo no medio do café, a xente non sabía que facer, estabamos todos aterrorizados, paralizados.
O camareiro a quen lle disparara caera enriba doutra mesa morto ó instante. Dende onde eu estaba sentado semellaba que lle metera a bala no peito, pero non estaba seguro, non o podía ver ben, eso sí, despois do disparo escoitárase un pequeno extractor de morte e listo: o camareiro xa non vivía.
Pegoulle un tiro hostia!
A xente quedara sen fala, paralizada, aterrorizada, sen saber que facer.
Nun momento puiden ver que outro camareiro trataba de chamar co seu móvil, sen embargo o tipo mirouno e deixou o aparello.
Nin dios se movía, estabamos paralizados, sen saber que facer, aterrorizados.
De súpeto, un home pequeno que estaba na barra colleu o periódico meteuno debaixo do sobaco e baixou do taburete como para marchar facendo crer que non pasara nada.
Había un forte tufo a pólvora entremezclado cunha sensación moi extrana, era a da confusión que nos provocara esa situación inesperada.
Estabamos paralizados, aterrorizados, sen saber que facer. Sen embargo, o homiño foi decidido cara a porta de saída.
Todos ficamos expectantes mirando para el, como se fose un preso coa chave da cárcere.
Cando semellaba que o tipo o ía deixar marchar berroulle: “Hei ti!”
O home pequeno virouse léntamente. Mirou para o asasino agardando que este lle dixera algo. Tremía coma un fiuncho. Deberon pasar trinta segundos ou algo menos. Semellaba unha hora.
Entón o tipo díxolle: “Pegueille un tiro”.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo relato. Dificil dar co escritor galego, si admites mais dunha alternativa eu apostaría por Aníbal C. Malvar, despois Suso de Toro e finalmente por Xosé Luis Alvite. Espera...estou lembrando "Ollos de auga" de Domingo Villar... Buff!!! Xa sei...estou eliminado.

Bruxo dijo...

Ademáis de músico, compositor tamén novelista. Xa me deixas boquiaberto. ¿Que merda fas nesa empresa?

Grankhan dijo...

Bruxo: Supoño que non o fago moi ben cando non consigo máis que alimento espiritual.
Orso/Fuji: xa saiu por aí o autor, vou agardar un par de días a ver que di a xente.

CHEMA dijo...

Mira q estás borbotonico ultimamente!, o mini-relato está moi ben, e ágil, e cérralo en si mismo ca frase final dunha maneira moi fina.
Tamen ten unha boa cadencia nas palabras, a pesar da dificultade q ten en galego, o estar acostumbrados (polo menos eu) a ler sempre en castellano.
Espero q sigas cos relatos... e do escritor q pode ser non teño nin pajolera.

Saúdos iletrados.

Cris dijo...

jajaj Chema, iso é facer un bo comentario de texto e o demáis tonterías, palabrita de "ilóloga do carallo", como diría a miña amiga Pili...

Eu engadiría un bravo! por esta excepcional metáfora:
"Todos ficamos expectantes mirando para el, como se fose un preso coa chave da cárcere".

Por suposto eu, que además de tocarme ler moita obra do "imitado", xogo con ventaxa porque sei o que hai nos andeis da casa do Grankhan, aseguro que é Suso de Toro...

Boa narrativa... moi boa... isto recórdame que teño unha débeda con Ana... algún día pagareicha :)

Grankhan dijo...

Premio para a dama!

Suso de Toro, ese era o autor ó que quería homenaxear.

ajaspino dijo...

Suso de Toro... moi ao xeito de Poraloid. Ollo, agora o tes posto pero cando o lein xa tiraba por ahí.

Grankhan dijo...

Premio para o cabaleiro, pola aproximación tan boa, que conste que a miña lectura favorita de Suso de Toro é "Tic, tac". Nembargantes Polaroid é o título ó que se aproximaba esta historia. :)